A Valedora do Pobo recoñece o aumento dos desaloxos en Barbanza e propón blindar o convenio para frealos

28 Novembro 2019

A plataforma Stop Desahucios Barbanza que coordina José Manuel Pena vén de recibir resposta da Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, acerca dun escrito recente da organización da nosa comarca na que se lle poñía ao tanto da emerxencia na que viven múltiples familias da contorna por risco de desaloxo debido aos impagos do aluguer ou dos empréstimos hipotecarios. Na misiva, Stop Deshaucios lembráballe que a lacra dos desafiuzamentos provocou unha dramática situación de “emerxencia habitacional” que, lonxe de diminuír, está indo a máis. Na carta tamén se requiría o cumprimento do convenio de colaboración subscrito entre o Consello Xeral do Poder Judicial (CGPJ), a FEGAMP e a Xunta, destinado a recoñecer, blindar e asegurar o dereito á vivenda das familias.

Na resposta, a Valorada do Pobo recoñece, entre outras cuestións, que se observa un incremento significativo dende 2013 dos procedementos xudiciais por impagos das rendas de aluguer, e é por iso que se “considera necesario redobrar esforzos entre todas as partes asinantes do convenio a fin de que se poña a información e os recursos precisos a disposición das persoas afectadas por esta problemática”.

Amais, María Dolores Fernández sinala na súa resposta que “renovouse o acordo de colaboración asinado co IGVS da Xunta a fin de seguir actuando na problemática que supoñen os desafiuzamentos de vivendas habituais das persoas e familias en situación de vulnerabilidade”.

Outros artigos

“Día das Letras, o valor da palabra herdada”. Alberto Barciela

Non é un cartel, nin un nome. A conmemoración anual do Día das Letras Galegas trascende o persoeiro celebrado, incluso a data, por festiva que sexa, para converterse nun referente da importancia cultural dunha lingua, dunha cultura, dun pobo. Un pode estar de acordo...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.