A primeira xornada para educar e informar sobre a diabetes chega a Boiro

19 Novembro 2019

O pasado xoves conmemorouse o Día Mundial da Diabetes, instaurado pola Federación Internacional de Diabetes e a Organización Mundial da Saúde en 1991, en resposta ao preocupante aumento desta doenza no mundo. O seu propósito é dar a coñecer as causas, os síntomas, o tratamento e as complicacións asociadas a esta enfermidade, para así axudar a previr o seu enorme crecemento. Deste xeito, o Concello de Boiro organiza para o sábado 23 a I Xornada da Diabetes coa finalidade de informar e sensibilizar á cidadanía sobre esta doenza. Ao acto de presentación asistiron a concelleira de Política Social, Marisa Collazo; a doutora Rocío Villar, endócrina do Hospital do Barbanza; e a enfermeira Ermitas Treus.

A edil manifestou que as accións que compoñen esta iniciativa inclúen un punto de información e a realización de probas médicas por parte do equipo integrado pola doutora Rocío Villar e oito enfermeiras e enfermeiros. Marisa Collazo precisou que con esta xornada queren “trasladar toda a información posible, xa que lamentablemente a diabetes está catalogada como un epidemia do século XXI, e imos pretender que coa vontade destes profesionais axudemos a combatela e controlala.”

Na súa intervención, a doutora Rocío Villar apuntou que se sae ás rúas co dobre obxectivo de achegar á veciñanza os coñecementos para evitar a diabetes ou para tratar e controlala o mellor posible si xa se padece. Neste senso, a todas aquelas persoas que non padezan esta enfermidade facilitaráselle información de como eludila a través de estilos de vida saudables, ademais de efectuar probas de glucemia capilar e de tensión, os cales “son factores de risco moi asociados á diabetes.” Tamén se procederá á medición de cintura e ao cálculo do peso, a talla e o índice de masa corporal, “posto que a obesidade, que é a outra epidemia do século XXI, vai moi da man da diabetes.” Polo contrario, se a persoa xa ten esta doenza, indicaráselle como debe estar controlada, mirar o azucre e tensión, darlle recomendacións específicas para a súa patoloxía e para esquivar complicacións. A endócrina expresou que se trata dunha “enfermidade silenciosa, pero que produce moitas consecuencias e serias consecuencias.”

Así, persoal do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición de Santiago, xunto coa enfermería voluntaria do Hospital do Barbanza e de Atención Primaria, levarán o sábado 23 o punto informativo sobre Diabetes e a Familia ao local multiusos do mercado municipal de Boiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Outros artigos

A ABE realiza o sorteo da Campaña de San Valentín

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) realizou na mañá deste venres 13 de febreiro o sorteo dos premios da campaña de San Valentín entre os 1.207 rexistros de compras recibidos a través da web da entidade, co obxectivo de premiar ás persoas que apostan polo comercio...

+

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“15960 La Ribeira desconocida” – Manuel Domínguez

“15960 La Ribeira desconocida” – Manuel Domínguez

Estos días Ribeira esta saliendo en los medios de comunicación, por motivos nefastos, falta de seguridad ciudadana. Decir que no son muchos, son los mismos, muchas veces repetidos, ya que entran en el juzgado y salen antes que la policía. Dicho esto, cuando gentes de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.