A Pobra, terceira parada de + que tapas

20 Novembro 2019
Na presentación celebrada no Concello de Boiro. Cedida

Despois do seu paso por Boiro e Rianxo, a quinta edición da ruta + que tapas recala na Pobra do Caramiñal. Así, o itinerario gastronómico poderá realizarse polo municipio pobrense a partir do venres 22, desde as 20.00 ata as 23.00 horas, así como o sábado 23 e domingo 24, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas. Como actividade complementaria na xornada do sábado, a partir das 20.00 horas, haberá tapeo Quico Cadaval e o soumiller Juan Figueroa Treus.

O prezo da tapa establécese nos 2’50 euros e os establecementos da Pobra que toman parte nesta iniciativa son Tertulia, A Casa de Manuel, Atlántico, A Batea do Castelo, Tertulia no Laño, Blue Moon, 4’20, Galeón, La Calle e Mi Manda Picone.

Cómpre destacar que os tres primeiros clientes en pedir un petisco nalgún dos locais anteriormente enumerados durante o día de apertura da ruta, terán como premio unha entrada para concerto de Arizona Baby que se celebrará o 29 de novembro en A Pousada da Galiza Imaxinaria, no municipio de Boiro. Ademais, tódolos participantes entran nun sorteo de catro bonos gastronómicos e un concerto exclusivo que terá lugar antes de que finalice o presente ano.

Por outra banda, este evento gastronómico conta coa colaboración dos bodegueiros de Viños da Terra de Barbanza e Iria, propoñendo maridar os petiscos cos seus caldos.

Esta iniciativa impulsada pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte concluirá en Ribeira (29 e 30 de novembro e 1 de decembro).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...