A acusación particular solicita quince anos de prisión para o procesado por atacar á súa ex-parella en Ribeira

05 Novembro 2019

A sección primeira da Audiencia Provincial de A Coruña acolleu hoxe a segunda e última sesión do xuízo contra o home acusado de atacar á súa ex-parella en Ribeira o pasado verán.

As dúas acusacións consideran probado que o procesado actuou de xeito premeditado. Así, a acusación particular pide 15 anos de cadea por tentativa de asasinato con agravante de parentesco, mentres que a Fiscalía rebaixa a pena a case 10 anos de prisión.

Pola súa parte, a defensa mantén que o acusado non tiña intención de matar á súa ex-parella, ademais de pedir que se teña en conta a atenuante por consumo de drogas.

Agora o xuízo quedou visto para sentenza.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira esixe máis seguridade tras o grave suceso no porto

O PSOE de Ribeira esixiu ao Concello a adopción de medidas “urxentes e contundentes” en materia de seguridade tras o grave suceso rexistrado no porto de Ribeira, onde apareceu un cadáver esposado a unha escaleira, nun caso que os socialistas cualifican de “moi...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.