Arde un coche en Ribeira

06 Novembro 2019

Un coche BMW Serie 3 foi pasto das chamas por mor dun incendio que afectou a parte do motor. Foi preto das duas e media da madrugada cando un particular alertou ao 112 Galicia de que había lume nun coche estacionado na Rúa Rafael Dieste da capital barbanzán, xunto o parque infantil e a ludoteca “O Xardín Ventureiro”. Desde o centro de coordinación de emerxencias mobilizouse aos Bombeiros do parque comarcal, que sufocaron o incendio e impediron que as chamas alcanzasen o interior do vehículo. O lugar tamén se desprazaron as patrullas das Policías Local e Nacional. Desde a comisaría abríronse dilixencias para tratar de determinar as causas do sucedido.

Incendio coche en Rafael Dieste. Cedida

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...