Volve o Club de Lectura de Boiro cunha cita arredor de Edurne Portela e Mejor la ausencia

31 Outubro 2019

En novembro volven os faladoiros arredor de literatura na Biblioteca de Boiro. Logo do encontro dos días pasados con Antón Riveiro Coello, o 21 deste mes de novembro celebrarase ao abeiro do Club de Lectura a presentación de Mejor la ausencia, da escritora vasca de raizames galegas Edurne Portela (Santurce, 1974). A cita será a partir das 18.30 horas e para participar nela, como de costume, unicamente se nos require que sexamos practicantes máis ou menos ocasionais deses hábitos tan saudábeis que son a lectura, o gusto de falar dela, recomendar libros e deixarnos recomendar. Porque, segundo nos lembra a Biblioteca acerca das actividades do Club, “para viaxar lonxe non hai mellor nave ca un libro”.

Respecto de Mejor la ausencia, foi editado hai dous anos por Galaxia Gutenberg e recibiu, entre outros recoñecementos, o Premio ao mellor libro do ano de ficción que concede o Gremio de Librarías de Madrid.

Cóntanos a historia de Amaia e da súa nenez e adolescencia nunha familia en proceso de destrución e afectada pola violencia desatada dunha contorna, a de Euskadi nas décadas dos oitenta e noventa, onde aos problemas sociais derivados da cuestión política e social engadíanse os estragos xerados pola heroína e a destrución medioambiental, especialmente presentes na marxe esquerda do río Nervión, que é onde transcorren estas primeiras décadas de vida de Amaia. A protagonista do libro, a pequena de catro irmáns, debulla os detalles desta contorna brutal “dende a súa ollada de nena e adolescente”. Anos despois, a muller na que se converte Amaia volve á súa vila para atoparse “co seu pasado non resolto”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...