Vídeos e imaxes submarinas e espectáculos de Pedro Brandariz centran a semana cultural de Boiro

01 Outubro 2019

20191001 A semana cultural de Boiro vén desta volta con exposicións e humor. A vertente expositiva ten o seu epicentro no Centro Social de Cabo de Cruz, coa inauguración, o venres 4 de outubro ás 19.00 horas, da exposición de imaxes e vídeo submarino A Mirada do Peixe. A mostra, organizada polo Club Náutico de Cabo de Cruz, recolle as pezas audiovisuais dos actuais campións do mundo de vídeo submarino, Jorge Candán e Pilar Barros, e no relativo a fotografía, imaxes de José García e Jaime Solla, campións galegos de imaxes subacuáticas no 2019. A vertente dupla vén da man do humorista, actor e clown galego Pedro Brandariz, que desenvolve dous espectáculos.

O primeiro deles é Technologies, que se celebra o venres 4 de outubro ás 21.00 horas no Centro social de Escarabote. Será un monólogo cómico sobre a presenza (ou sobre-presenza) das novas tecnoloxías no noso día a día, facendo un percorrido pola súa historia recente (dende as antigas cintas de casete e VHS aos actuais dispositivos tecnolóxicos, pasando pola pegada deixada polo CD ou o DVD). Technologies é un espectáculo destinado a público adulto a partir de 12 anos.

Por último, Pedro Brandariz recuncará o sábado 5 de outubro, pero farao na Biblioteca Municipal de Boiro, onde ofrecerá á rapazada o espectáculo Non máis princesas, a partir das 12.00 horas. Trátase dun contacontos para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, cuxo obxectivo é “concienciar en igualdade de xénero e a prevención da violencia machista”. Está protagonizado por personaxes femininas que escapan dos estereotipos e os roles clásicos de xénero. Insírese no programa Ler conta moito.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.