Unha nova edición de ‘Alter Ego’ achega o teatro a tódolos públicos

09 Outubro 2019

20191009. A Agrupación Teatral Criaturas, en colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, organiza a IV Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego.

Esta actividade desenvolverase na segunda quincena do mes de outubro, concretamente, os días 18, 19, 25 e 26. A citada mostra ten como obxectivo principal o de difundir esta rama das artes escénicas entre a xuventude, así como dar a coñecer a outras agrupacións que leven a cabo programas de teatro afeccionado. Así, ofrécense actividades dirixidas a un público familiar ou infantil -coma contacontos, por exemplo- na Biblioteca Pública Municipal Castelao, ademais de representacións máis tradicionais destinadas a uns espectadores, xeralmente, xuvenís e adultos na Sala Arcos Moldes do Auditorio municipal.

Desta maneira, o venres 18, ás 18.00 horas, a Biblioteca acollerá a Xarope Tulú con Estrafalaria; mentres que O Inspector chegará da man de Teatro Muxicas, ás 21.00 horas, no Auditorio. O sábado 19, a Biblioteca será escenario de Gale, Historia da Lingua con Celtia Figueiras, ás 12.00 horas, e de Regueifando con Regueifeiros de Galicia, ás 18.00 horas, para dar paso no Auditorio, ás 21.00 horas, a Insania de Agrupación Teatral Mariñán.

Por outra banda, o venres 25 desenvolverase Xente de pálida pel, a cargo de Estudio de Teatro Casahamlet, no Auditorio, ás 21.00 horas. A última xornada, a do sábado 26, disporá de Cambia o conto de Miguel Alonso, ás 12.00 horas, na Biblioteca; así como de Tía Anita y su fantasma con Cardume Teatro, ás 21.00 horas, no Auditorio.

O prezo de entrada por actuación establécese nos 2 euros, podendo adquirise no Auditorio unha hora antes de cada función.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.