Tres centros educativos da comarca, no programa Radio na Biblio

14 Outubro 2019

20101014 A Consellería de Educacion publicou estes días a resolución dos centros que van desenvolver o programa Radio na Biblio ao longo deste curso: un total de 80, trinta deles de nova incorporación. A iniciativa, que ten o obxectivo de impulsar a materialización de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar, estará presente en dous centros de Arousa Norte: o CEIP de Olveira (Ribeira), o CEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira) e o CEP Xosé María Brea Segade (Rianxo). O primeiro, o de Olveira, adhírese este ano a Radio na Biblio.

Segundo informa Educación, os centros de nova incorporación recibirán fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio, para o que disporán do apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará o seu desenvolvemento e porá á súa disposición recursos e propostas.

Pola súa banda os centros que continúan no programa recibirán unha asignación de 500 euros por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...