Solicitan seis anos e medio de cárcere para dous barbanzáns por un delito de abusos sexuais e outro de exhibicionismo e provocación sexual

11 Outubro 2019

20191011. A Fiscalía solicita á Audiencia Provincial seis anos e medio de prisión para dous barbanzáns acusándoos dun delito continuado de abusos sexuais, así como outro continuado de exhibicionismo e provocación sexual.

Os feitos remóntanse a cando os acusados residían coa vítima, menor de idade e filla unicamente da acusada. Segundo relata a fiscal, no transcurso da convivencia da menor coa súa nai e a parella sentimental desta, era “obrigada habitualmente a visionar películas de contido pornográfico”, chegando os acusados “a manter relacións sexuais na súa presencia.” Incluso se apunta que “a nena tamén foi obxecto de tocamentos por parte de ambos acusados.”

Así mesmo, o texto recolle que foi nesa época, despois de que os acusados escolarizasen á vítima nun novo colexio, cando, desde inicios do curso escolar, a nena comezou a “amosar un comportamento sexual explícito en clase, impropio da súa idade.”

Por isto, atribuíuse a custodia provisional da menor a un familiar, ademais de ditar unha orde de afastamento con relación aos acusados. Máis adiante, interpúxose demanda de privación da garda e custodia contra a proxenitora, incoándose Procedemento de Privación de Custodia.

Ademais dos seis anos e medio de cárcere polos delitos mencionados anteriormente, a fiscal solicita que, no caso de sentencia condenatoria, se lle impoña á acusada a pena de privación da patria potestade ou inhabilitación para o exercicio da mesma e da garda e custodia por tempo de seis anos. Tamén solicita que se impoña a ambos acusados a prohibición de achegarse á vítima a menos de 300 metros, así como a prohibición de comunicarse con ela a través de calquera medio durante dez anos. Por último, requírese que os acusados indemnicen ao representante legal da menor con 6000 euros “por danos morais.”

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.