SEO/BirdLife concienciará aos escolares boirenses sobre a situación da píllara das dunas

30 Outubro 2019

Dous centros educativos de Boiro acollerán unhas charlas para coñecer a píllara das dunas ou píllara papuda, unha ave que viu reducido o seu número de exemplares no Barbanza por mor da urbanización costeira e acción humana.

Organizada pola Concellería de Medio Ambiente e cunha duración de aproximadamente 45 minutos, a actividade desenvolverase ás 12.00 horas do martes, 5 de novembro, e contará coa participación de alumnado de sexto curso do CEIP Praia Xardín e de quinto do CEIP Santa María do Castro. As conferencias serán impartidas pola oenegué SEO/BirdLife co obxectivo de sensibilizar e concienciar aos escolares sobre a situación desta especie e a súa conservación.

A píllara das dunas está presente nos areais do municipio boirense, concretamente, en Carragueiros e Barraña. SEO/BirdLife declarouna Ave do Ano 2019 ao detectar que se enfronta a numerosas ameazas como as mencionadas anteriormente, traducíndose nunha perda do 70% de poboación nos últimos 10 anos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.