Ribeira festexará o Samaín

30 Outubro 2019

O espazo de usos múltiples municipal situado fronte ao mercado de Ribeira será escenario esta fin de semana da celebración do Samaín. Organizada polo Concello e a Asociación Alfaia, a cita conta cunha programación de balde que arrancará ás 18.00 horas do venres, 1 de novembro, co acto inaugural, momento que marcará o inicio das actividades destinadas, especialmente, aos cativos.

Así, a exposición de cabazas terá lugar o venres 1, en horario de 18.00 a 21.00 horas, ademais do sábado 2 e o domingo 3, de 12.00 a 21.00 horas. Na xornada do sábado 2, desde as 16.00 a 20.00 horas, tamén haberá obradoiros de maquillaxe; mentres que o domingo 3, en horario de 17.00 a 20.00 horas, será a quenda do baile de disfraces con premios segundo criterios de orixinalidade, composición ou creatividade, entre outros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.