Rianxo convértese en capital da divulgación e a investigación

28 Outubro 2019

Novembro será en Rianxo un mes de descubrimentos científicos e da maxia de compartilos. Entre o 9 e o 30 do devandito vaise celebrar na vila a iniciativa Rianxociencia 2019, un completo programa de obradoiros, charlas-coloquio, demostracións científicas e exposicións, a desenvolver a cabalo entre o Auditorio e a Biblioteca Pública e organizado polo Concello co apoio da Deputación da Coruña e a Universidade de Santiago, entre outras entidades.

As actividades comezarán o día 9, nos baixos da Biblioteca, cun Obradoiro de Robótica artellado en dúas sesións (a primeira de 10.00 a 11.30 horas, para nenas e nenos de 9 a 12 anos, e a segunda en horario de 12.00 a 13.30 para rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos).

Uns cantos días máis tarde, o 16, celebrarase ás 12.00 horas no Auditorio de Rianxo un discurshow (o espectáculo científico Voute contar!) da man de Vicente Mohedano, para crianzas de oito anos en adiante. Máis tarde, ás 19.00 horas está programada a charla coloquio Ciencia e razón fronte ás pseudociencias, terapias perigosas e outras lerias, impartida por Manuel Rey, xornalista e colaborador habitual da web GCiencia.

O venres 22 de novembro, na Biblioteca Pública celebrarase o obradoiro A ciencia nos tempos de Castelao, Dieste e Manuel Antonio, para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, cun límite de dúas ducias de participantes.

O día 23 haberá dúas actividades: un novo discurshow ás 12.00 horas a cargo de Vicente Mohedano (o espectáculo Orbitamos! para nenas e nenos de 8 anos en adiante) e unha charla, a partir das 19.00 horas, sobre as estrelas e os seus sistema planetarios, impartida polo astrónomo José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago.

Na xornada do 30 de novembro está previsto no Auditorio un obradoiro sobre A maxia da ciencia en dúas sesións, a primeira a partir das 10.00 para crianzas de 9 a 12 anos e a segunda a partir das 12 horas para a rapazada de entre 13 e 16 anos.

As devanditas actividades complementaranse coa exposición 50 aniversario da chegada do home á Lúa, do Observatorio Astronómico da USC, na sala de mostras do Auditorio de Rianxo entre os días 25 e 30 de novembro.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...