Os nosos maiores xa poden inscribirse no programa para pasaren o Nadal en compañía

31 Outubro 2019

A Consellería de Política Social quere que este Nadal non haxa persoas maiores que pasen as festas en soidade. Por esta razón, vén de lanzar a nova edición da iniciativa Xuntos polo Nadal, que ficará en activo nos nosos concellos entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro. Por exemplo no Concello de Rianxo, que sinala que se trata dun programa para acompañar ás persoas de máis de 60 anos que permanecen soas nestas festividades e cuxo prazo para presentar solicitudes estará aberto até o 15 novembro.

No caso rianxeiro, é posíbel facer a inscrición e solicitar máis datos sobre a iniciativa nos servizos sociais comunitarios do Concello, nos servizos sociais de atención primaria de saúde, nos centros sociocomunitarios dependentes da Consellería de Política Social e máis nas xefaturas territoriais da Consellería. Para máis información, tanto no que respecta a Rianxo como ao resto dos concellos de Barbanza, cómpre chamar ao teléfono social de balde 900 333 666.

Como dixemos, Xuntos polo Nadal é un programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. O programa levarase a cabo na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Pontevedra) entre o día 23 de decembro de 2019 e o día 7 de xaneiro de 2020 e comprende os seguintes servizos: estadías na residencia durante 16 días (15 noites), aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, desprazamento en autobús desde Santiago até a residencia e actividades de animación sociocultural.

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.