Os nacionalistas de Ribeira propoñen o Día da Dorna e o Martes de Entroido como festivos, así como potenciar Santa Uxía

21 Outubro 2019
Cedida por BNG de Ribeira

20191021. O BNG ribeirense vén de presentar unha emenda á proposta do goberno municipal no que respecta aos festivos locais, propoñendo o Día da Dorna e o Martes de Entroido, pero sen “discriminar ningunha festa”, potenciando a programación de actividades lúdicas para tódalas idades no caso de Santa Uxía.

O Bloque sostén que a súa proposta facilitaría a asistencia da veciñanza aos actos lúdicos, ao tempo que “o Concello rendibilizaría máis os cartos públicos que se gastan na realización dos festexos.” Engaden que os actos relixiosos do día da patroa “deben ser realizados cando a Igrexa o estime oportuno, pois como representantes públicos cremos que debe existir unha separación entre as administracións públicas e a relixión.”

Ademais, o grupo municipal considera que, no exercicio das súas responsabilidades, “debemos respectar os sentimentos relixiosos mais tamén é preciso mirarmos polo interese xeral da poboación e do sector comercial, que sempre defendeu a festividade do martes de entroido.”

Deste xeito, os nacionalistas manifestan que a súa emenda pretende restituír o Martes de Entroido, o cal “se viña declarando festivo local desde 1985 e que foi tumbado no ano 2018 por PP e PSOE.” Así, entenden que “debería seguir celebrándose por tradición e por ser referencia comarcal”, aludindo á súa relevancia desde o punto de vista económico e social.

En relación a este asunto, a formación afirma que “facemos as cousas de maneira profesional, presentando as iniciativas axeitadas, fronte o espectáculo que promoven o PBBI e o PP.” O concelleiro Luís Pérez Barral recrimina “a actitude infantil que están a ter o señor Ruiz e o señor Mariño para xerar polémica e ver quen saca máis proveito da situación.” Segundo Pérez Barral, “tanto Mariño como Ruiz están máis preocupados da rivalidade, dos conflitos e dos intereses persoais que teñen, que en procurar o mellor para Ribeira e a súa veciñanza.”

O edil conclúe dicindo que “mentres uns están a tirarse pedras para ver quen acaba peor, o BNG está traballando de xeito rigoroso e promovendo iniciativas que redunden no beneficio da veciñanza.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.