Os nacionalistas de Boiro solicitan corrixir o “mal uso” da rúa peonil

07 Outubro 2019

20191007. O BNG boirense levará a pleno a situación que, segundo apunta, se vén sucedendo nos últimos tempos nalgunhas partes da coñecida como rúa peonil, pois “veñen sendo ocupadas por vehículos que estacionan nela e a utilizan como atallo para evitar outras rúas transitables do noso Concello.”

Concretamente sinalan o tramo desta vía que decorre entre as rúas Fernández Mato e Dereitos Humanos debido ao “importante número de vehículos que diariamente se poden ver estacionados ocupando os lugares reservados para os peóns.”

Desde o Bloque entenden se trata dun asunto que é “preciso corrixir para que o mal uso que por parte dalgúns veciños se fai dun espazo público non se estenda a outros lugares do noso municipio.”

Por todo isto, solicitan a adopción de acordos que inclúe instar ao goberno municipal a que proceda “a adoptar as medidas precisas que contribúan a corrixir o mal uso que das rúas e espazos peonís do noso Concello se está a levar a cabo por algúns usuarios e usuarias de vehículos”, así como a colocación de sinais de identificación de existencia dunha vía de carácter peonil “tanto na colindancia desta coa rúa Dereitos Humanos como coa rúa Fernández Mato, con mención expresa á prohibición de estacionamento e/ou parada na mesma.”

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.