Os nacionalistas da Pobra esixen que se revoque o pleno urxente e extraordinario de outubro

11 Outubro 2019

20191011. Despois do acontecido a principios do mes de outubro cando o goberno municipal pobrense convocou un pleno urxente e extraordinario -entre cuxos puntos do día figuraba a aprobación da dedicación exclusiva da Concellería de Servizos Sociais, Servizos Munucipiais e Benestar Animal, así como a contratación de persoal de secretaría de Alcaldía-, o BNG volveu pronunciarse hoxe en relación a que non hai negociación para participar no goberno municipal, sinalando que a prioridade da formación é “restituír a democracia no noso Concello. E digo restituír porque esta foi usurpada polo goberno de Nós Pobra e do PSOE, xa que utilizaron unha falsa maioría en beneficio propio. Puxeron por diante das institucións os seus soldos e os seus postos”, tal e como apuntou Amparo Cerecedo.

Tamén engadiu que “isto non é para facilitar a gobernabilidade, isto chámase desde sempre caciquismo.” Desta maneira, os nacionalistas insisten en que o goberno local convoque coa mesma urxencia un pleno extraordinario onde revoquen os seus acordos.

Así mesmo, Amparo Cerecedo afirmou que ao día seguinte da convocatoria da sesión plenaria urxente e extraordinaria do 1 de outubro houbo unha chamada persoal ao seu teléfono “supoño que como futura voceira municipal” co obxectivo de reunirse co alcalde. Segundo indica Cerecedo, nesa xuntanza “inténtase convencer da necesidade dese posto de persoal eventual e, ao mesmo tempo, nós tamén insistimos no que sempre levamos dicindo: o BNG non estaba de acordo coa necesidade de ter ese perfil de persoal eventual”, se ben aceptan que existise esta figura “sempre e cando fora de consenso.” Do mesmo xeito, os nacionalistas trasladaron que había un antes e un despois do pleno.

Finalmente, Amparo Cerecedo insistiu en que, para haxa intercambio de opinión nun primeiro momento, “é necesario que se revoque ese pleno.”

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.