O goberno da Pobra logra sacar adiante a segunda dedicación exclusiva e persoal de secretaria coa ausencia do BNG e PP

02 Outubro 2019

20191002. A Pobra do Caramiñal celebrou na tarde de onte un pleno extraordinario e urxente, cuxa orde do día constaba de tres puntos. A convocatoria desta sesión foi criticada polo BNG, pois non había representantes do grupo municipal despois de que Ramiro Ouviña e Cristina Andrade comunicasen a súa renuncia e mentres se agarda á toma de posesión dos novos concelleiros nacionalistas.

Manuel Durán, voceiro dos populares, quixo saber o por que da urxencia, recibindo a resposta por parte do alcalde Xosé Lois Piñeiro de que “urxente, leva sendo urxente desde o primeiro momento. É a cuarta vez que o iamos traer e xa anunciamos que o iamos seguir traendo ata conseguir a súa aprobación.”

O primeiro punto consistía na votación de urxencia da sesión, saíndo adiante cos votos a favor de Nós Pobra e PSdeG-PSOE, a pesar da oposición do PP. Foi entón cando Manuel Durán interveu para pedir que se retirasen o resto de cuestións a abordar porque “entendemos que é unha falta de respecto, aos seus votantes sobre todo. Creo que isto non é unha urxencia”, engadindo que “aínda que é legal, non é ético e, sobre todo, falta ao respecto dos votantes que rexeron os membros da corporación que, por circunstancias administrativas, non poden estar presentes.” O rexedor manifestou que “son os intereses da cidadanía”, así como que se manterían os puntos. A continuación, os edís do PP abandonaron o salón.

Ante esta situación, o alcalde manifestou que se podía proseguir coa sesión porque existía “maioría suficiente” para que se levase a cabo. Deste xeito, había representación de Nós Pobra e do PSdeG-PSOE. Así, saíron adiante as cuestións relativas á proposta da Alcaldía para a designación de dedicacións, réxime económico das asistencias e indemnizacións e asignacións aos grupos políticos, do mesmo xeito que a proposta sobre a determinación do número e réxime de persoal eventual. Isto significa a atribución dunha dedicación exclusiva a Estefanía Ramos, concelleira de Servizos Sociais, Servizos Munucipiais e Benestar Animal, cunha retribución anual de 32.000 euros; indemnizacións por asistencia a plenos de 140 euros por sesión, por asistencia a xunta de goberno local con periodicidade semanal 70 euros por sesión, por asistencia a comisións informativas 90 euros por sesión, 800 euros como cantidade fixa anual polo traballo de cada un dos grupos presentes na corporación máis 250 euros por cada un dos edís; así como a contratación de persoal de secretaría de Alcaldía, réxime de dedicación completa e retribucións brutas anuais de 28.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.