Os Bar Ban Sónicos agasállannos coas súas primeiras e enérxicas gravacións

29 Outubro 2019

Os Bar Ban Sónicos, a banda de rock da Pobra do Caramiñal, están a presentar estes días as súas primeiras gravacións dende a Rede, en formato de libre descarga ou ben para escoitar en streaming. Trátase de Demo 2019, integrado por catro contundentes temas en galego (Vén con nós, Trece anos, Xa non pode parar e Sentirme ben), moi enérxicos e envolventes en con claras raizames na música garaxe sesenteira, no punk e no rythm & blues máis guitarreiro e noctámbulo.

A demo foi gravada nos estudos ALU de Rianxo por Rafa Iglesias. Para celebrar o lanzamento, a banda lanzouse a unha xira pola nosa terra, os días pasados en Santiago (na Gentalha do Pichel) e esta finde en Boiro (Leña Verde, ás 22.00 horas do sábado 2 de novembro). A presentación das ditas cancións vén acompañada de vídeos das actuacións e fotografías que podemos ver no seu Facebook.

Traxectoria

Segundo nos lembran dende o seu espazo web bandcamp, Os Bar Ban Sónicos fórmanse na Pobra a principios do ano 2018, con Manel Casal na voz e guitarra, Amroth no baixo e coros e Abel Cores na batería. Nos seus inicios o seu repertorio estaba formado por clásicos do garaxe dos 60 e o punk rock. Os seus concertos, como ben saben os que tiveron a sorte de escoitalos, van un paso máis alá na súa proposta de ir ao miolo da cuestión rockeira, sen reviravoltas, e facer vibrar (e bourar) todo aquilo que se poña ao seu alcance sonoro: son, nas súas palabras, “concertos enérxicos e contundentes con poucas concesións ao virtuosismo a ao onanismo instrumental”…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

Se echan de menos los contrapesos que actúen a tiempo con neutralidad y profesionalidad. No hay verdadero interés por acabar con la corrupción a pesar qué según datos, España tiene más órganos de control que cualquier país de la UE. Las escaramuzas que de vez en cundo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.