O sexto Foro de Rehabilitación de Rianxo inaugúrase este venres

03 Outubro 2019

20191003 Rianxo quere seguir sendo un referente en remodelación e posta en valor do patrimonio arquitectónico e urbanístico. Se recentemente falamos do mantemento da Area de Rehabilitación Integral (que pon en xogo importantes incentivos para seguir apostando por recuperar casas dos diferentes núcleos antigos rianxeiros) e da reactivación das Casas dos Mestres, agora é a quenda de dar conta do sexto Foro de Rehabilitación de Rianxo, que se celebra os días 4, 5, 6 e 26 de outubro, da man do Concello e un conxunto de empresas referentes no sector da “re-construción” e a posta en valor de predios.

A cita será no Auditorio local e contará coa presenza de sobranceiros expertos galego-portugueses en materia de recuperación dos cascos vellos das nosas vilas e cidades. Por exemplo: Eduardo Souto de Moura, Guilherme Machado Vaz, José Aguiar, Fernando Cerqueira Barros, Iago Seara, Manuel Seoane Feijóo, Cendón – Vázquez, Santiago Martínez ou Guillermo Rodríguez. Quen precise máis datos sobre o foro, pode consultalos xa na páxina web habilitada: concelloderianxo.gal/vi-foro-rehabilitacion.

As actividades darán comezo este venres 4 ás 17.00 horas, coa presentación do evento e coa conferencia Experiencias de rehabilitación en Vigo, a cargo de Cendón-Vázquez Arquitectos. De seguido, será a quenda de Fernando Cerqueira (Un ollar sobre as arquitecturas tradicionais nas montañas galego-portuguesas) e de Parteluz Restauración e Crea Restauración (A recuperación de pinturas murais da igrexa do Mosteiro de San Xiao de Moraime e do Papa Pío).

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.