O deputado Blas García inicia en Boiro a rolda de visitas aos parque de bombeiros comarcais

08 Outubro 2019

20191008. O deputado responsable da área de Promoción Económica, Blas García, visitou esta mañá o parque comarcal de bombeiros de Boiro, un dos dez que xestiona na provincia da Coruña o Consorcio Provincial Contraincendios. Esta entidade está integrada ao 50% pola Deputación e a Xunta de Galicia, sendo presidida polo titular da institución provincial coruñesa, Valentín González Formoso.

Acompañado do rexedor de Boiro, José Ramón Romero; do tenente alcalde, José Luis Ruíz; e do xerente do Consorcio, Luis Barca; o deputado conversou cos bombeiros e coñeceu as instalacións, equipamentos e funcionamento. Este parque presta os seus servizos desde hai 15 anos -xunto co de Ribeira- a máis de 102.500 habitantes nos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Porto do Son, Noia, Lousame, Outes e Dodro. Deste xeito, a súa área de intervención conta cunha extensión de máis de 600 quilómetros.

Blas García afirmou que esta primeira visita enmárcase nunha rolda que realizará polos dez parques comarcais de bombeiros da provincia da Coruña “para coñecer de primeira man o funcionamento e necesidades” do servizo de emerxencias.

O deputado agradeceu o “bo traballo” e a “profesionalidade” das 18 persoas que desenvolven o seu labor no parque boirense (1 sarxento, cinco cabos e doce bombeiros), xunto coas 12 de Ribeira, para atender as emerxencias, accidentes e incendios que se produzan nos nove concellos que forman parte da súa área de intervención, sostendo que o Consorcio segue avanzando nos trámites necesarios para implantar a xestión directa do servizo a partir do 1 de xaneiro de 2020. Neste senso, manifestou que “entendemos que un servizo tan importante e sensible coma o das emerxencias debe ser 100% público e xestionado directamente pola administración, por iso apostamos por este cambio de modelo, que suporá ademais un aforro anual de 1 millón de euros para o erario público”, precisando que nas vindeiras semanas se celebrarán xuntanzas cos representantes dos traballadores para abordar a equiparación salarial dos mesmos.

Ademais, antes de proceder á visita do parque de bombeiros, Blas García reuniuse no Concello de Boiro co alcalde da localidade, José Ramón Romero, quen solicitou a colaboración da área de Promoción Económica da institución provincial para potenciar a actividade da Asociación Boirense de Empresarios e da Confraría de Pescadores, a cal precisa melloras no edificio da lonxa de Cabo de Cruz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.