O Concello de Boiro organiza un curso de defensa persoal e autocapacidades destinado ás mulleres

28 Outubro 2019

Boiro será escenario dun curso que formará ás mulleres en defensa persoal e autocapacidades, impartíndose no local multiusos do mercado municipal por parte de especialistas da Federación Galega de Loita (Fegaloita) e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Así, desenvolverase en dúas sesións, os días 20 e 22 de novembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas.

Esta acción formativa está dirixida a todas aquelas mulleres que estean interesadas en participar, independentemente da súa idade ou condición física. O obxectivo é aprender a identificar as agresións, analizar a orixe e a busca de mecanismos e actuacións para responder e resolver situacións de agresión na vida cotiá. Con esta iniciativa, preténdese dotar ás mulleres de recursos e ferramentas para identificar as agresións e actuar fronte ás mesmas.

O prazo de inscrición xa está aberto, podendo formalizarse de maneira presencial no Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Boiro -situado no segundo andar-, no teléfono 981949960 con extensión 1250 ou no enderezo electrónico directoracim@boiro.gal.

Esta actividade está organizada polo Concello boirense a través do Centro de Información á Muller (CIM) e financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade xunto coa Federación Galega de Loita (Fegaloita).

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.