Medra a familia de cociñas orgánicas de Mobalco

16 Outubro 2019

20191016 Mobalco, a empresa de Pobra referente no ámbito do mobiliario de cociñas, está a presentar esta tempada a súa nova colección de equipamento sustentábel para o fogar, unha liña de traballo adiantada ao eu tempo (a serie de cociñas orgánicas comezou en 2004) e que aposta polos materiais naturais e pola súa confluencia co deseño de vangarda. A nova colección, un innovador xeito de impulsar nos fogares a alimentación saudábel, está creada a partir de materiais nobres como a madeira de carballo e dispón, ademais, de Certificación de Pegada de Carbono e dun coidado extra na cadea de produción dos compoñentes (todos eles foron testados en base aos parámetros de economía circular atendendo de preto o impacto sobre o medio ambiente e a capacidade alta de reciclado).

En termos concretos e de operatividade, as novidades na serie orgánica inclúen contribucións como un módulo aberto para acubillar plantas aromáticas, un triturador de refugallos orgánicos ou unha máquina de de amasado automático de pan. Un dos piares da colección é o Orgavital, un módulo que dá acollida aos materiais precisos para facermos o almorzo máis saudábel, por exemplo un muíño de cereais con pedra cerámica ou un dispositivo para facer agromar sementes nun prazo de dous ou tres días. A serie complétase cun frigorífico de case un metro de ancho para favorecer o aproveitamento de todos os alimentos: o obxectivo é que se nos permita o máximo control sobre os mesmos, incluso para os que adoitan quedar nas partes traseiras dos andeis.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.