Encontro entre o rexedor de Boiro e o conselleiro de Economía para abordar cuestións relativas ao municipio

15 Outubro 2019

20191015. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, reuniuse na tarde de onte co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, co obxectivo de abordar novas vías de colaboración entre o Concello e a Xunta para a dinamización económica do municipio.

Ambos revisaron tódalas axudas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria concede aos concellos e, en particular, ao de Boiro. Así, examinaron as actuacións máis recentes que se están realizando no municipio coma a ampliación do sistema de vixilancia con cámaras de seguridade e a mellora da vía da fase II do polígono, na cal se está a traballar.

O rexedor aproveitou para transmitirlle ao conselleiro unha preocupación dos empresarios do polígono industrial de Espiñeira relativa á seguridade do mesmo. Coa pretensión de solucionala, acordouse realizar un peche perimetral de seguridade ante incendios bordeando a área industrial por detrás das naves. Unha medida para a que se van buscar as axudas e a financiación precisas, segundo manifestan.

Ademais, na xuntanza tratáronse as iniciativas que se están a desenvolver no eido da formación para o emprego, a dinamización comercial ou a dixitalización do comercio de proximidade, entre outras cuestións.

En total, a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou este ano ao concello de Boiro máis de 900.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.