Deputación e Concello renovarán a cuberta da piscina municipal de Boiro

29 Outubro 2019

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, asinaron esta mañá na sede da institución provincial o convenio entre ambas administracións para o financiamento das obras de reparación da cuberta da piscina municipal de Boiro.

A institución provincial investirá 67.768 euros, o 80% do total do orzamento das obras, mentres que o Concello de Boiro achegará o 20% restante con fondos propios, segundo se estipula no texto do convenio.

Esta actuación ten dous obxectivos fundamentais que consisten na eliminación da totalidade das filtracións de auga que existen na zona de acceso á piscina, garantindo a seguridade dos usuarios da instalación; e na renovación dos falsos teitos, tanto do acceso coma no vaso da piscina, que se atopan nunha situación importante de deterioro, con risco de desprendemento.

Para eliminar as filtracións de auga do exterior, executarase unha cuberta sobre unha estrutura auxiliar, cunha pequena pendente que axude á eliminación da auga de choiva. Unha vez instalada esta cuberta inclinada, repoñeranse os illantes térmicos e procederase á substitución total do falso teito por un novo de láminas de aluminio.

Tamén se renovará o falso teito da zona do vaso da piscina, de láminas de escaiola, por unha nova estrutura de láminas de aluminio lacado e estrutura de soporte de aluminio moito máis axeitado para a resistencia en ambientes de alta saturación de humidade -superior ao 75%- e alto contido en cloro.

Ambas actuacións completaranse coa instalación dun novo sistema de iluminación, con luminarias incorporadas no falso teito de tipo LED, o que axudará a mellorar a eficiencia enerxética do espazo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.