Comezan en Boiro os obradoiros dixitais para mulleres de UCGAL

22 Outubro 2019

20191022 Boiro vai acoller este mes de outubro unha actividade de formación directamente encamiñada a empoderar á poboación feminina en materia dixital: favorecer que teñan nas súas mans os mellores recursos posíbeis para dominar os diferentes servizos de banca en liña ou de comercio electrónico, agora que os dous ámbitos de actividade avanzan na súa convivencia cos métodos tradicionais (os servizos bancarios en sucursal ou os pagos con diñeiro físico).

A actividade, que este mércores 23 ten a súa primeira sesión, vén da man da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade. Os obradoiros insírese no programa Escola para o apoderamento de mulleres no rural, que achega formación nunha manchea de concellos galegos.

As sesións de Boiro (un total de 8 horas) levaranse a cabo nas seguintes datas: mércores 23, xoves 24, mércores 30 e xoves 31 de outubro; en horario de 17:30 a 19:30 horas na aula CeMIT local (Centro Social de Boiro. Rúa Poeta Manuel María, s/n).

A Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica é unha aposta pola formación en novas tecnoloxías co fin de diminuír a fenda dixital, fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica nun contexto, sinala UCGAL, “no que o número de oficinas bancarias diminúe de maneira progresiva e no que as transaccións de bens e servizos a través da Rede están á orde do día”.

Entre os obxectivos deste obradoiro de formación están os seguintes: que as asistentes adquiran coñecementos e habilidades relacionadas coa Sociedade da Información (banca electrónica, comercio electrónico) e, así mesmo, coñezan os seus dereitos como persoas consumidoras e as ferramentas existentes que permiten o exercicio dos mesmos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.