Boiro convoca unhas bolsas para deportistas cunha dotación total de 4.500 euros

24 Outubro 2019

A Concellería de Deportes de Boiro convoca unhas bolsas para deportistas coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento deportivo de alto nivel, recoñecendo así o esforzo que “moitos deportistas fan por progresar nas súas modalidades, tanto sexa de carácter individual, de oposición ou náuticas.”

A dotación total da convocatoria ascende a 4.500 euros, distribuídos en cinco bolsas de 300 euros cada unha, dez de 200 euros e outras dez de 100 euros. A adxudicación das becas segue un sistema de puntos que se establecen mediante un réxime de concorrencia competitiva, por resolución da Xunta de Goberno Local, en canto aos méritos deportivos en función da clasificación final en campionatos galegos, españois ou de nivel superior. Ademais, estas asignacións son compatibles con outras axudas públicas ou privadas que teñan a mesma finalidade.

O prazo para a presentación de solicitudes abre o 28 de outubro e finaliza o 12 de novembro, podendo formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro coa achega da documentación necesaria e seguindo os formularios, os cales se poden descargar a través da páxina web www.boiro.gal ou no Departamento de Deportes.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.