Boiro conta cun espazo para o estacionamento de vehículos en Espiñeira

11 Outubro 2019

20191011. O Concello de Boiro vén de acondicionar en Espiñeira un espazo para o estacionamento de vehículos. Unha medida coa que, segundo apuntan, pretenden atallar o problema da falta de zonas de aparcamento tamén no polígono industrial. Á inauguración desta área asistiron o alcalde José Ramón Romero; o concelleiro de Urbanismo, José Luís Ruiz; e a directora do IES Espiñeira, Mariana Domínguez.

O edil José Luís Ruiz expresou o seu agradecemento á comunidade de montes pola cesión deste terreo que “xa se viña empregando para o estacionamento de vehículos pero era insuficiente, agora a superficie é maior e da un mellor servizo tanto aos usuarios do instituto como a particulares.”

Pola súa parte, a directora do citado centro, Mariana Domínguez, falou das comodidades que supón este novo espazo, tanto para o alumnado do instituto que asiste no seu propio coche coma para os pais que deixan aos rapaces, pois nas horas de entrada e saída concéntranse numerosos vehículos.

Na súa intervención, o rexedor José Ramón Romero destacou a importancia desta intervención, xa que “aquí poden estacionar tanto os alumnos que veñen á clase no seu propio coche ou pais que traen aos rapaces.  Ademais, ao estar ao lado da entrada da autovía, funciona tamén como punto de encontro para aquelas persoas que comparten coche para ir a traballar.”

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.