Boiro acolle un novo faladoiro na biblioteca e máis sesións TIC para mulleres na aula CeMIT

30 Outubro 2019

A axenda cultural do Concello de Boiro xirará arredor do coñecemento (temas de actualidade, temas tecnolóxicos) e de como intercambialo da mellor maneira posíbel, libremente e sen cancelas. Serán dúas sesións para dialogar, participar e poñernos ao día. A primeira cita terá lugar este 31 de outubro ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal de Boiro. Trátase dunha nova edición dos Faladoiros da Biblioteca. A segunda cita é un obradoiro tecnolóxico na aula CeMIT local.

Polo que respecta aos faladoiros son un ciclo de encontros que poñen o foco na mocidade e que inclúen o desenvolvemento de microdebates arredor de todo tipo de cuestións actuais (sociais, culturais, políticas, medio ambientais, educativas, tecnolóxicas, sexuais, etc). O faladoiro deste xoves, igual que as sesións previas, vai destinado a rapazas e rapaces de idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos. Para participar, é preciso que se inscriba de xeito presencial na Casa da Cultura ou ben no teléfono 981 84 84 10.

No que se refire ao Obradoiro de Banca Electrónica, celébrase entre este mércores 30 e o xoves 31 de outubro, en horario de 16.30 a 19.30 horas. Trátase dunha actividade formativa de banca electrónica para mulleres do rural que organiza a Unión de Consumidores de Galicia a través da Escola para o apoderamento de mulleres no rural: comercio e banca electrónica, unha aposta pola formación en novas tecnoloxías dirixida a facer diminuír a fenda dixital, fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica nun contexto.

Entre os obxectivos deste obradoiro de formación están os seguintes: que as asistentes adquiran coñecementos e habilidades relacionadas coa Sociedade da Información (banca electrónica, comercio electrónico) e, así mesmo, coñezan os seus dereitos como persoas consumidoras e as ferramentas existentes que permiten o exercicio dos mesmos.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.