As actuacións no ximnasio da piscina municipal de Boiro concluirán a principios de novembro

14 Outubro 2019

20191014. O Concello de Boiro, xunto coa empresa adxudicataria da obra, manifesta que está realizando un importante esforzo para reducir os prazos de execución da intervención no ximnasio da piscina municipal. O alcalde José Ramón Romero; o concelleiro de Urbanismo e Obras, José Luis Ruiz; e o arquitecto municipal, Emilio Piña, visitaron esta mañá as instalacións deportivas para coñecer o estado das obras e o traballo que se está desenvolvendo.

Nestes dias procedeuse á colocación da estrutura de madeira que conforma o teito do ximnasio e que está feita de madeira laminada realizada a base de abeto finlandés, polo que conta co certificado Forest Stewardship Council (FSC), o cal garante a procedencia de bosques europeos de xestión sostible. Ademais, leva un tratamento específico para a mellora da resistencia ao lume, así como contra o ataque por insectos xilógafos e a colonización de fungos. 

Contémplase que a obra estea rematada nos últimos días do mes de outubro ou comezos de novembro, podendo poñer en funcionamento novamente o servizo da instalación e evitar, na medida do posible, as molestias que se lle ocasionan aos usuarios. Desde o Concello sinalan que “a superficie do novo ximnasio vai duplicar o tamaño do anterior cun deseño que mestura a funcionalidade e o respecto ao medio ambiente cunha imaxe actual para a práctica deportiva.” 

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.