Antón Riveiro Coello apúntase en Boiro á celebración do Día da Biblioteca

22 Outubro 2019

20191022 Este xoves 24 de outubro vaise celebrar nos nosos espazos de lectura municipais o Día da Biblioteca, que se conmemora a nivel galego e estatal dende hai máis de dúas décadas (dende que a Asociación Amigos do Libro Infantil e Xuvenil decidiu propoñer esta xornada para destacar as vantaxes de termos acceso local aos libros e á cultura). As nosas bibliotecas están a preparar diversas actividades para festexar a xornada. Por exemplo a de Boiro, que ten programada unha actividade cun dos grandes autores da nosa comarca, Antón Riveiro Coello, limiao afincado na localidade dende hai unha chea de anos. O novelista compartirá achados, lecturas, proxectos e vivencias coas usuarias e usuarios da biblioteca local (Casa da Cultura) a partir das 18.30 horas.

O fío temático principal da súa intervención será a novela curta A ferida do vento, que narra en clave de semi-ficción (nela, a liña que separa o biográfico do inventando preséntase fina e complexa de albiscar) a primeira mocidade en Xinzo de Limia do autor. A novela, ademais, é un emotivo tributo ás xentes de Xinzo e a súa contorna, boa parte dela tocada polo vento que corre libre pola chaira de Antela, xentes que acompañaron a súa nenez e a súa mocidade e entre as que se inclúe outro novelista referencial das nosas letras, Carlos Casares, que na novela de Riveiro Coello figura como un personaxe máis.

O Día da Biblioteca está especialmente adicado ao público infantil e xuvenil. A proposta desta celebración veu da man da dita asociación, en recordo da destrución na Biblioteca de Saraxevo en 1992, e foi apoiada no seu día polo Ministerio de Cultura. Esta conmemoración naceu para “trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana”. A xornada celébrase a nivel galego e estatal e acompáñase dun pregón que se difunde en todas as bibliotecas de España.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A grandeza dos líderes”. Luís Celeiro

“A grandeza dos líderes”. Luís Celeiro

Ruxía el e ruxíanlle os dentes. Estaba acovardado por aquel ruído e aquel tremor do seu corpoenteiro, dende a cabeza ata a mesma punta dos pés. Ao parecer o tremor era máis intenso na súaparte dereita, na perna dereita, no brazo e no ombreiro da dereita, na orella...

“Basta!” – Manuel Domínguez

“Basta!” – Manuel Domínguez

¡Basta ya! Ribeira no puede ser una cárcel donde habite el miedo. Miedo a salir de noche, miedo a que te asalten el establecimiento, miedo a que los coches en garaje, sean asaltados. Ribeira una cárcel sin rejas ni muros, donde los ciudadanos son prisioneros de 4...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.