Adxudicadas as obras de renovación do firme de novos tramos da DP-7103 e da DP-3301

09 Outubro 2019

20191009. A Deputación da Coruña acolleu hoxe a sinatura dos contratos para a execución das obras de renovación e mellora do firme de novos tramos das estradas provinciais DP-7103 de Laranga a Olveira por Seráns -entre Porto do Son e Ribeira- e DP-3301 de Rianxo a Bexo por Isorna -entre os concellos de Rianxo e Dodro-. Ambas adxudicacións suman un investimento de 326.419 euros para continuar as obras de mellora do firme destas vías provinciais.

As obras desta nova fase de mellora do firme da DP-7103 foron adxudicadas por 187.810 euros á empresa Leonardo Miguélez, cunha duración estimada de catro meses. Deste xeito, afectarán ao tramo comprendido entre os punto quilométricos 4+600, á altura do lugar de Seráns, e 7+280, dando continuidade ás xa acometidas pola área provincial de Vías e Obras nos primeiros 4’6 quilómetros da estrada.

Consistirán principalmente no estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor, así coma o fresado mediante medios mecánicos e a demolición do pavimento nos puntos onde se atopa máis deteriorado  nas interseccións con outras vías.

Nos tramos máis antigos da estrada, tamén se procederá ao estendido e compactado dunha capa de grava de 15 centímetros, co obxectivo de mellorar as condicións do firme. Posteriormente, aplicarase un triplo tratamento asfáltico.

Ademais destes traballos, levaranse a cabo tarefas complementarias para garantir a seguridade e conservación da vía, coma a apertura e limpeza das gabias, a roza das malezas, o acondicionamento das beiravías ou a reposición das marcas viarias.

Por outra banda, a institución provincial tamén albergou a firma do contrato para continuar coas obras de pavimentación e mellora da estrada provincial DP-3301 de Rianxo a Bexo por Isorna, no tramo que vai do punto quilométrico 10+200 ao 12+810, investindo 138.609 euros.  Estas actuacións continuarán a mellora xa levada a cabo no firme da vía nos cinco quilómetros que van do punto quilométrico 5 ao 10+200.

Ao igual que no caso anterior, os traballos incluirán a limpeza e roza das cunetas e beiravías, a reparación e fresado de varios puntos especialmente danados da plataforma da estrada  e dotación dunha nova capa de rodaxe en todo o ancho da calzada mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente.

Da mesma maneira, contémplase o pintado das marcas viarias do eixe e os bordes da estrada, así coma o repintado dos pasos de peóns, símbolos e cebreados. O prazo de execución dos traballos é de catro meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...