Abre o prazo para participar no obradoiro de mindfulness en familia de Rianxo (Apego)

10 Outubro 2019

20191010 O Proxecto Apego no concello de Rianxo continúa adiante, este mes de outubro, achegando claves para vivir mellor e máis plenamente e fomentando hábitos saudábeis entre persoas de todas as idades, aínda que poñendo o foco nas e nos que máis cómpre protexer: as nenas e os nenos. As actividades de Apego esta tempada comezaron en setembro cos faladoiros de hábitos alimenticios positivos (que proseguen en outubro con sesións os días 16 e 23, a cargo de Lidia Folgar, experta en nutrición infantil) e complétanse este mes coas sesións de mindfulness en familia. Estas, que abriron onte o prazo de inscrición para participar nelas, virán da man da pedagoga familiar Raquel Bello, de Espazo Oikos.

As sesións, media ducia delas, levaranse a cabo os días os días 25 e 31 de outubro e os días 8, 15, 22 e 29 de novembro. Coma nos anteriores casos, celebraranse no Auditorio de Rianxo e farán fincapé en axudar a familias con crianzas e ao persoal educativo (docentes de ensino infantil e primario, educadoras e educadores de garderías, persoal de ludotecas ou responsábeis de comedores escolares, entre outros colectivos).

A actividade de mindfulness terá un custo de 20 € (individual) e de 25 € (con acompañante da mesma unidade familiar). Están exentas do pagamento aquelas unidades familiares que teñan uns ingresos por debaixo do IPREM.

O mindfulness, unha metodoloxía de mellora persoal moi ligada á intelixencia emocional, é o adestramento da atención para lograr un estado de acougo e sosego que nos axude a incrementar a conciencia de nós mesmos. Trátase, segundo explican dende Apego, “de centrarnos no momento presente, aceptando as emocións para controlar a frustración ou a ansiedade para liberarnos do que nos fai perder o control”. En última instancia, o obxectivo é aprender a sermos máis libres e a ter un meirande dominio sobre aquilo que dentro de nós mesmos nos provoca desacougo e estrés.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...