A veciñanza de Boiro introdúcese na autocompostaxe

22 Outubro 2019

20191022. Case unha trintena de veciños de Boiro dispoñen xa nas súas casas dun composteiro para a materia orgánica, pois o Concello está adherido ao programa de compostaxe doméstica promovido por SOGAMA, cuxo obxectivo reside en estender as prácticas de autocompostaxe nas vivendas do municipio para lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Dito programa é unha experiencia piloto que comeza este ano con composteiros nunhas trinta vivendas unifamiliares dos núcleos de Abanqueiro e Cespón, impulsando así esta práctica nos fogares.

O Centro Social de Abanqueiro acolleu na tarde de onte a entrega dos composteiros. Ao acto asistiron o alcalde José Ramón Romero, a concelleira de Medio Ambiente, Marisa Collazo, técnicos desta área no Concello e representantes de SOGAMA. Ademais, impartiuse formación inicial sobre o modo de emprego e a importancia de reducir os residuos orgánicos no contedor xenérico.

Na actualidade, o municipio boirense xera ao redor das 6.908 toneladas anuais de residuos que van ao contedor xenérico, constituíndo a materia orgánica o 40%. Así, coa autocompostaxe preténdese reducir a cantidade depositada na bolsa do lixo.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.