A rapazada dos colexios de Boiro xunta forzas contra a violencia machista

03 Outubro 2019

20191003 O Concello de Boiro vai desenvolver nos centros educativos de primaria do termo municipal un programa de accións destinado a loitar contra estereotipos machistas e sensibilizar á rapazada sobre a importancia de combater as agresións en calquera das súas manifestacións. Trátase de Boiro Co-educa: igualdade contra as violencias machistas, un proxecto da Secretaría Xeral de Igualdade. As primeiras actividades deron comezo este mércores 2 de outubro no CEIP Santa María do Castro e máis no CEIP Praia Xardín de Boiro. As accións de sensibilización e divulgación foron dirixidas a alumnas e alumnos de 6º e 5º de primaria, respectivamente.

O programa ten o obxectivo concreto de intervir no alumnado dos últimos cursos de primaria a través dun traballo simultáneo co profesorado e os escolares no que se fomenta, por unha banda, un enfoque educativo transversal nas prácticas docentes e, polo outra, o desenvolvemento de relacións igualitarias e non violentas entre a rapazada.

Nestes primeiros obradoiros, o equipo de ReTnova Proxecta Consulting, a empresa encargada do desenvolvemento do proxecto, traballou coas nenas e nenos na “identificación e desnaturalización dos estereotipos de xénero” a través de diferentes dinámicas, xogos, traballos en grupo e debates colectivos.

Con esta iniciativa o Concello de Boiro aposta “por promover modelos baseados na igualdade e a non discriminación e sensibilizar e informar á sociedade sobre a importancia da prevención da violencia de xénero para a súa erradicación”.

O programa comezou onte en dous centros educativos e continuará nas vindeiras semanas nos demais colexios de educación primaria do municipio e con máis obradoiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.