A Pobra do Caramiñal homenaxea a Victoriano García Martí

14 Outubro 2019
Cedida

20191014. O I Ciclo Victoriano García Martí deu comezo na tarde do venres 11 cunha ofrenda floral fronte ao busto deste escritor pobrense, así como unha lectura pública de fragmentos dun dos seus escritos. A continuación, procedeuse á inauguración no Museo Valle-Inclán dunha exposición composta por mostras bibliográficas, correspondencia, escritos persoais e fotografías, entre outros.

Na xornada do sábado 12 tivo lugar a presentación do libro inédito de Carlos García Bayón: Paseos por Don Victoriano García Martí. No acto interviñeron Patricia Lojo, concelleira de Cultura na Pobra; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Xesús Laíño, da Asociación Cultural Barbantia; e Ana García, filla de Carlos García Bayón. Ademais, os asistentes foron agasallados cun exemplar da obra.

O ciclo continuará esta fin de semana coas conferencias Victoriano García Martí. Pensador europeísta e sucesor do Rexurdimento, a cargo de Arantxa Fuentes Ríos, doutora europea en Teoría da Literatura e Literatura Comparada; e García Martí e a súa relación co feminismo, da man de Encarna Otero Cepeda, historiadora e escritora. Así mesmo, levarase a escena a obra de teatro Don Severo Carballo. Del alma gallega cun elenco artístico composto por Natalia Otero e Carlos Da Silva, escola de baile e pandeireta Caramiñas, Bradomín Teatro, Os Caraveiros, Tanxedoria e Lumieira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.