A Noite Aberta chega a Ribeira este sábado

31 Outubro 2019

A décimo terceira edición da Noite Aberta de Ribeira celebrarase o sábado, 2 de novembro, permanecendo os establecementos abertos ata as 22.00 horas. Con este consolidado evento, preténdese promocionar as ventas dos comerciantes do municipio, ademais de ofrecer descontos que animen as compras por parte dos potenciais clientes. Así, algúns dos sectores representados serán o de moda e complementos, calzado ou roupa infantil, entre outros.

Ademais, todas aquelas persoas que realicen unha compra nos comercios participantes disporán dun tícket de estacionamento de balde para o aparcadoiro de O Rueiro e o do Centenario. Neste último, unicamente será posible ata as 15.00 horas.

Unha iniciativa coa que poder mercar, aforrar e apoiar ao pequeno comercio de Ribeira.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...