‘A Mirada do Peixe’ ofrece unha ollada aos fondos mariños

07 Outubro 2019

20191007. O centro social de Cabo de Cruz acollerá desde o 4 ata o 30 de outubro a mostra A Mirada do Peixe, organizada polo Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz. A exposición recolle imaxes e vídeos submarinos, captadas practicamente todas nos fondos galegos, e ten como obxectivo compartir co público a beleza que agocha o mar.

Ademais, busca contribuír á implicación no coidado e conservación dos mares e océanos. A mostra conta cunha colección de fotografías tomadas por deportistas do Circuíto Galego de Imaxe Submarina nas súas ultimas edicións e outras cedidas polo departamento de Imaxe Submarina da Federación Galega de actividades Subacuáticas (FEGAS).

Na exposición tamén se poderá contemplar unha parte do traballo do Grupo de Imaxe Submarina do Club Náutico de Boiro. No apartado de vídeo observarase o traballo dos actuais Campións do Mundo de Vídeo Submarino, Jorge Candán e Pilar Barros, e no relativo á fotografía, amosaranse imaxes de José García e Jaime Solla, Campións Galegos de Fotografía Submarina no 2019.

Ao acto inaugural asistiu o alcalde José Ramón Romero; a concelleira de Cultura, María Outeiral; o presidente do Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz, Manuel Fajardo; os Campións do Mundo de Vídeo Submarino, Jorge Candán e Pilar Barros; e o Campión Galego de Fotografía Submarina, José García.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.