A condutora implicada no accidente mortal rexistrado en Palmeira viaxaba a 130 quilómetros por hora

29 Outubro 2019

A finais do mes de setembro, o Equipo de Reconstrución de Accidentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil (ERAT) de Madrid desprazouse ata a parroquia de Palmeira para recadar datos sobre o accidente mortal rexistrado o 4 de maio no límite entre os municipios de Ribeira e A Pobra do Caramiñal. Todas estas actuacións enmarcábanse na proba que incluía a inspección dos vehículos involucrados. Debido á magnitude do accidente, non fora posible determinar como se producira o impacto, polo que este estudo pretendía aportar luz sobre o sucedido.

Agora, as conclusións obtidas foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira, o cal leva o caso. O informe pericial recolle que a condutora implicada viaxaba a 130 quilómetros/hora nunha zona limitada a 70 e o seu vehículo invadiu o carril contrario antes da colisión. A isto súmase a realización de probas que deron positivo en alcohol cunha taxa de 1’37 gramos por litro -triplicando case a cantidade máxima permitida- e en substancias psicotrópicas relacionadas con ansiolíticos.

Así mesmo, solicitarase que se revise tamén a central do BMW.

No sinistro falecera a parella formada polo pobrense Abraham Muñiz Santos, de 29 anos, e pola palmeirana Sara Lampón Buceta, de 28 anos; mentres que a outra condutora implicada, María del Pilar Fernández Patiño, resultara ferida de gravidade, polo que fora trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. Esta última, unha vez dada de alta, no mes de xuño, fora chamada a declarar nos xulgados ribeirenses. Pouco antes, foran interrogadas as catro testemuñas a petición do avogado das familias das vítimas.

O xuíz que instrúe o caso decidira deixala en liberdade provisional con cargos. Tamén lle retirara o permiso de conducir e o pasaporte, intervindo tódolos vehículos que figurasen ao seu nome, ademais de obrigala a comparecer no xulgado os días 1 e 15 de cada mes.

O avogado das familias das vítimas, Ramón Siaba, manifesta que, de acordo coa reforma da Lei Orgánica 2/2019, a cal entrou en vigor en marzo deste ano, e coa introdución do artigo 142 bis. do Código Penal, “solicitar unha pena de catro a seis anos, posto que a pena básica é de un a catro, e esta pódese elevar en un grao cando hai dous falecidos ou máis. Entón, o que imos a facer é solicitar unha condena que poderá ir de catro a seis anos de prisión por homicidio imprudente.”

Outros artigos

A viaxe de Verne cobra vida no Museo do Gravado de Artes

O Museo do Gravado de Artes inaugura unha nova exposición dedicada a Jules Verne. Viaxe ao centro da terra, da man das ilustracións de Ignacio Hernández Suñer, coñecido como Íñigo. A mostra, que poderá visitarse ata principios de agosto, forma parte da...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.