A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza celebrou o Día do Ictus

29 Outubro 2019

A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza conmemorou hoxe o Día de Ictus, e fíxoo achegando información para sensibilizar á cidadanía na importancia de minimizar con hábitos saudábeis os factores de risco e, tamén, de saber detectar os síntomas e acadar unha atención máis temperá e, en consecuencia, unha máis segura recuperación. Segundo lembraron as responsábeis da demarcación sanitaria, hoxe en día o ictus é a primeira causa de morte nas mulleres. “A doenza mata unha persoa en España cada seis minutos”, engadiron.

Na xornada de concienciación participaron a xerente da área sanitaria compostelá Eloína Núñez, a subdirectora de calidade asistencial, Beatriz Pais, o xefe de servizo de Neuroloxía José María Prieto, e Manuel Rodríguez-Yáñez e Susana Arias, da Unidade de Ictus. As actividades leváronse a cabo a carón da mesa informativa que a asociación de Dano Cerebral Sarela instalou na entrada do hospital Clínico de Santiago.

Segundo lembraron, o dito complexo hospitalario compostelán é un dos centros de atención ao ictus específicos de Galicia, e “foi o primeiro en contar cunha unidade específica para esta patoloxía”, amais de ser pioneiro en dispor dunha unidade de atención as 24 horas. Respecto ao número de persoas atendidas en 2018 pola devandita doenza, principalmente da comarca de Santiago e a de Barbanza, foi de 588 pacientes (458 con ictus isquémico, 60 con hemorraxias cerebrais e 40 con AIT (ataque isquémico transitorio). “Grazas á existencia da unidade de ictus”, explicaron no acto de hoxe, “o 43% dos doentes que acudiron a Urxencias polo devandito (976 en total) puideron ser dados de alta desde o propio servizo de urxencias”.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...