A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza alberga unha exposición sobre o cancro de mama metastásico

28 Outubro 2019

A xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez; o xefe do Servizo de Oncoloxía Médica, Rafael López; e Merce Morro, doente con cancro de mama atendida no Hospital Clínico, inauguraron esta mañá a exposición Unha palabra, unha muller, unha vida que poderá ser visitada ata o 8 de novembro no patio da entrada principal do Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Segundo unha enquisa, case a metade dos galegos adultos non saben que é o cancro de mama metastásico (CMm), mentres que case o 95% aseguraron coñecer o cancro de mama. Ante estes resultados, o laboratorio farmacéutico Pfizer e a Federación Española de Cancro de Mama decidiron apostar por dar visibilidade a esta enfermidade.

A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza detecta cada ano 300 novos casos de cancro de mama, dos cales, uns 70 son de cancro de mama metastásico. Segundo manifestou Eloína Núñez, “a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza quixo sumarse a esta iniciativa e apoiar ás mulleres e asociacións de doentes que as acompañan dando voz a esta fermosa exposición que, estou segura, axudará a que moita xente se sinta máis preto das mulleres que o padecen.” Ademais, engadiu que “a boa noticia é que cada vez contamos con máis ferramentas para loitar contra a versión máis agresiva do cancro, e a área sanitaria tamén está aí”, facendo referencia á participación do Hospital Clínico na meirande parte dos ensaios clínicos de novidosos fármacos que xa se están a incorporar á loita contra o cancro nos hospitais españois e dos que se beneficiaron con anterioridade as doentes composteláns. Respecto disto, Eloína Núñez apuntou que “están a aparecer novas terapias que están revolucionando o seu tratamento e mellorando calidade de vida destas doentes.”

A exposición selecciona 30 das expresións máis empregadas polos españois para referirse a esta patoloxía ou para apoiar ás mulleres que a padecen, traducindo o seu significado ao sentimento que produce nas persoas que a reciben. Na súa elaboración participou unha doente, Amelia Nerin, e contou coa colaboración literaria e plástica de Miguel Herránz, Ignacio Vleming, Patricia La Chica Metáfora, Ana Galváñ, Laura Pacheco e Marta Antelo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.