A ABE súmase á Rede de Comercios e Mercados no Camiño

15 Outubro 2019

20191015. A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vén de presentar formalmente a súa adhesión á Rede de Comercios e Mercados no Camiño, xurdida ao abeiro do Xacobeo 2021. Esta iniciativa pretende potenciar as ventas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago, sendo Boiro un destes municipios.

O colectivo empresarial manifesta que optou pola vía de integración total dos seus comerciantes, polo que tódolos establecementos asociados que cumpran as características que determina a orde forman parte desta medida impulsada pola Xunta de Galicia.

Inicialmente, pola adhesión á Rede, os establecementos da ABE recibirán un paquete de benvida con diversos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local. Tamén disporán da posibilidade de obter apoios para a edición personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos.

Así mesmo, poden participar nas medidas de fomento que se levarán a cabo en forma de subvencións, mediante convenio con entidades colaboradoras, accións directas desde a Xunta de Galicia ou calquera outra modalidade adecuada para a súa execución.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.