Vista Alegre acollerá o sábado a final da Copa Concello de Boiro de Fútbol Veteranos

05 Setembro 2019

20190905. Os partidos finais da Copa de Fútbol de Veteranos organizada polo Departamento de Deportes do Concello de Boiro disputaranse o sábado 7. A final do torneo será no Campo de Fútbol de Vista Alegre, ás 19.00 horas, entre Os Fornos e Muebles Guadalupe. Ademais, daranse a coñecer o terceiro e cuarto posto entre o Kirs e Interatlántico, ás 17.00 horas. Ao remate da xornada, sobre as 21.00 horas, está prevista a entrega de trofeos, á cal asistirá o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.

Esta cita é xa unha tradición en Boiro, pois lévase celebrando varios anos. Nesta ocasión, foron seis os equipos de veteranos que participaron -Os Fornos, Tourline Express, Kirs, Interatlántico, Muebles Guadalupe e KN Decoraciones Esteiro-, todos eles de Boiro excepto o Interatlántico, que participa como convidado porque, a pesar de ser boirenses, xogan en Rianxo.

Os partidos desta convocatoria comezaron a fin de semana do 17 e 18 de agosto e as semifinais do torneo celebráronse o día 24.

Outros artigos

O Concello de Boiro remata as obras para a mellora do firme en Moimenta

O Concello de Boiro vén de finalizar as obras para a mellora dun camiño no lugar de Moimenta, na parroquia de Macenda. O tenente de alcalde, Luís Ruiz, e o concelleiro, Roberto Lojo, visitaron este martes 10 de marzo o lugar para coñecer o resultado final das obras....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.