Un total de quince persoas de Boiro participaron nun obradoiro de prevención de riscos

20 Setembro 2019

20190920. A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, participaron, no viveiro de empresas do municipio, na clausura dun obradoiro en materia de prevención de riscos laborais dirixido a coidadores de persoas con dependencia, no cal participaron un total de 15 alumnos.

Trátase dunha acción formativa de 16 horas de duración na que os asistentes, que conseguiron un diploma acreditativo, recibiron recomendacións preventivas no aspecto psicosocial, ergonómico, químico e biolóxico, que non só repercutirán no seu traballo senón tamén no benestar da persoa que recibe a atención.

A secretaria xeral subliñou “o compromiso da Xunta coa saúde e o benestar no traballo” e destacou que o obxectivo é “sensibilizar, promover e difundir boas prácticas sobre saúde laboral xa que unhas condicións seguras son o primeiro paso para un emprego de calidade.” Neste sentido, referiuse á Estratexia de seguridade e saúde no traballo ata 2020 que recolle 163 medidas para consolidar a cultura preventiva.

Esta acción desenvolvida en Boiro forma parte dunha campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) para promover coñecemento para un traballo seguro tanto na atención directa de persoas con dependencia coma para os traballadores de axuda a domicilio e que inclúe accións de sensibilización, reparto de material informativo e accións de formación coma a realizada en Boiro.

Outros artigos

Arde un vehículo na saída da AG-11 en Boiro sen causar feridos

Un incendio nun vehículo obrigou a intervir aos bombeiros do parque provincial de Boiro arredor das 18:42 horas, despois de que o 112 Galicia alertase dun lume na saída 24 da AG-11, no termo municipal de Boiro. O incidente tivo lugar no aparcadoiro de Espiñeira, onde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.