Toxo revoluciona os prezos do mercado móbil coas súas novas tarifas de outono

30 Setembro 2019

20190930 Toxo Telecom, a empresa de comunicacións móbiles con sede en Ribeira, comezou a tempada de outono con interesantes tarifas para os seus clientes, baixo un lema (Menuda a que estamos a liar!) que pon de manifesto o obxectivo básico da operadora con este remate do verán: revolucionar os prezos até onde sexa posíbel. A promoción axústase ademais a todos os petos e necesidades, indo dende o máis básico até unhas tarifas que cubrirían as demandas dos clientes con máis requirimentos de datos e de chamadas.

En concreto, o abano de tarifas ábrese cos 3,95 euros ao mes da modalidade Pequerrecha, que vén sen datos pero con 100 minutos de chamadas, e que se complementa coas tarifas Depende (8,95 euros, 5 GB de datos e 300 minutos de chamadas), Parlanchín (cun prezo de 9,95 euros, sen datos pero con chamadas ilimitadas) e Malo Será (13,95 euros, 7 GB e chamadas ilimitadas).

As tarifas máis completas seguen tendo prezos axustados e moi competitivos e son as seguintes: Centolo (cun custe de 15,95 euros ao mes, 10 GB e chamadas ilimitadas), Sálvora (18,95 euros, con 20 GB e chamadas ilimitadas) e Cuñado (24,95 euros, con 30 GB e chamadas sen límite).

Todos os prezos, que son mensuais, levan incluídos o IVE.

Para máis información, podemos visitar a páxina web de Toxo Telecom, o seu Facebook ou ben chamar ao teléfono 602 247 247.

Toxo Telecom, para que non o saiba, é unha operadora galega posta en marcha en 2018 por tres emprendedores de Ribeira, centrada en ofrecer servizos de telefonía móbil, con tecnoloxía 4G en todo o territorio nacional. Recentemente a empresa avanzou a posibilidade de ofertar aos seus usuarios produtos de telefonía fixa e vender así unha solución converxente con catro servizos principais: TV, móbil, fixo e Internet, como ofrecen os grandes operadores. O seu obxectivo prioritario, tal e como fan saber nas súas comunicacións web, “é coidar os seus clientes promovendo as mellores tarifas e servizos”.

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.