Tam Tam Go! recala en outubro na Pousada da Galiza Imaxinaria

10 Setembro 2019

20190910 Tam Tam Go!, un dos grandes grupos popeiros dos anos oitenta (moi recordado, para os que xa teñen certa idade, polos temas Manuel Raquel ou Espaldas mojadas, cancións que tiñan o ingrediente extra do compromiso social, a primeira coa diversidade e a segunda coa emigración), vai estar no mes de outubro en Boiro para facer un re-lectura dos seus temas máis míticos e achegarnos, tamén, ás súas máis recentes propostas. A cita, pertencente á xira Volando sobre un tacón (parte do retrouso de Manuel Raquel) será na Pousada da Galiza Imaxinaria, a partir das 22.30, o día 11 de outubro.

A banda Tam Tam Go!, para quen non o saiba, foi un dos grupos españois de meirande éxito das pasadas décadas, sendo o seu punto álxido de recoñecemento de público e crítica os anos finais da década dos oitenta e os primeiros da seguinte. O grupo, que xurdiu en Estremadura da disolución doutra banda previa, Daké, estaba formada orixinalmente por Javier Ortiz, Rafa F. Callejo e os irmáns Nacho Campillo e Javier Campillo. Tam Tam Go! comezou facendo música en inglés até que os seus compoñentes descubriron a fórmula definitiva do éxito: notábeis letras e melodías en castelán (a de Manuel Raquel foi escrita polo prestixioso cineasta Ricardo Franco) e unha vontade clara de facer crítica social e de combater desigualdades e inxustizas, moitas das cales, por desgraza, seguen aínda vixentes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.