Rianxo on Fire porá o toque independente e tralleiro ás Festas da Guadalupe

05 Setembro 2019
A banda Copa Turbo

20190905 Rianxo on Fire é a aposta alternativa, contundente, tralleira e rompedora das Festas da Guadalupe: a vertente das celebracións rianxeiras máis directamente encamiñada a facerlles sombra aos festivais independentes máis concorridos da nosa xeografía. Actuarán este ano as seguintes bandas: Hernia Eskrotal, Copa Turbo, Glitchgirl, Ñuca e The Conspiracy. Todo un luxo punk para as que se cadra son as festas máis integradoras e diversas de cantas se celebran e Galicia nesta recta final do verán.

Rianxo on Fire desenvolverase o 20 de setembro á noitiña, na praza da Igrexa. Organizan a Asociación A Moreniña e máis o Concello de Rianxo. Para quen non o saiba, o festival Rianxo on Fire ten no Facebook unha sección de seu, onde se van dando conta das novidades do cartaz, dos grupos que actúan en cada edición, dos vídeos de actuacións de anteriores entregas do certame e de todas aquelas cousas que lle pode interesar á comunidade de seareiras e seareiros do rock independente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.