Rianxo acollerá o III Tríatlon Concello de Rianxo

04 Setembro 2019

20190904. Por terceiro ano consecutivo celebrarase na vila rianxeira o Tríatlon Concello de Rianxo que citará o sábado 7 a preto de 100 participantes no porto ás 16.00 horas. No acto de presentación estiveron o alcalde Adolfo Muíños e o director executivo da proba, Miguel Fernández.

O rexedor destacou a importancia do tríatlon no municipio, pois incluso contan cun club que desenvolve esta actividade polo que “o natural é que, dentro do calendario de probas deportivas do noso concello, pois apostemos polo tríatlon.” Así mesmo, engadiu que permitirá “facer do noso concello un lugar saudable no deportivo, pero tamén visitable no turístico e cultural”, fomentando ao mesmo tempo esta modalidade. Ademais, anunciou que haberá un dispositivo de seguridade, o cal implicará restricións de tráfico entre as 15.00 e 18.00 horas “garantindo a integridade dos participantes e da xente que imos contemplar esta actividade” e respectando as indicacións da Policía Local.

Pola súa parte, Miguel Fernández detallou as características desta convocatoria. Deste xeito, consta de natación cun percorrido de 350 metros, ciclista de 2 quilómetros dividida en catro voltas e 5 quilómetros de carreira a pé en tres voltas.

Ao finalizar procederase á entrega de trofeos e entre os favoritos sitúanse Xacobo de Crego, na categoría masculina, e María Lois, na feminina.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.