R equipa a JEALSA da tecnoloxía precisa para optimizar o seu gran salto internacional

26 Setembro 2019
A sede de JEALSA en Bodión, Boiro

20190926 A conserveira boirense JEALSA ten establecida unha alianza con outro referente empresarial galego: a operadora de telecomunicacións e cable R. A colaboración entre os dous xigantes do noso tecido empresarial estase materializar no fornecemento a JEALSA de solucións dixitais para os seus actuais (e ambiciosos) procesos de medre e procura de novos mercados. En termos máis concretos, R subminístralle tecnoloxías de Internet das Cousas (IoT) e análise de información a gran escala (Big Data) para os procesos de xestión, almacenaxe e avaliación de datos en modo servizo.

A alianza ten tres eixes temáticos concretos (crecemento, innovación e diversificación) a partir dos cales collen corpo definitivo iniciativas concretas de fortalecemento, competitividade e transformación. Por exemplo a incorporación dunha rede corporativa de datos con accesos multi-tecnoloxía tanto para as sedes estatais de JEALSA como para internacionais (Italia, Chile, Brasil, Guatemala e Portugal) e con solucións de aseguramento incorporadas en todas elas.

Segundo informa R, “grazas ao noso proxecto na conserveira, baseado en solucións de VMware, a compañía de Boiro dispón agora dunha infraestrutura de TI moderna, flexíbel, robusta e segura, sempre dispoñíbel e con capacidade para asegurar o seu negocio e poder seguir innovando”. Ademais, R salienta que co novo modelo cloud (computación na nube) impulsado por JEALSA, a compañía conserveira “pagará polas infraestruturas que realmente usa”, grazas á solución de TI (Tecnoloxías da Información) con capacidade para evolucionar no tempo e adaptarse a novas realidades e demandas, procesos de crecemento da empresa.

Antonio Rodríguez, director de Informática e Comunicacións de JEALSA Rianxeira asegura: “Non chegariamos ser o primeiro fabricante de conservas de España e o segundo de Europa sen unha grande aposta pola innovación. Este proxecto axudaranos a seguir crecendo e a centrar os nosos esforzos no que mellor sabemos facer: ofrecerlles os mellores produtos aos nosos clientes”.

VMware: infinidade de datos seguros e almacenados

Segundo explican dende R, “grazas á nosa experiencia JEALSA apostou polas solucións do provedor tecnolóxico VMware para a xestión da súa infraestrutura de TI e dun centro de respaldo mediante o despregue da plataforma VMware vCloud Director para que a compañía poida continuar coa súa operativa en caso de desastre”.

Ademais dotouse á empresa dun centro de datos en remoto, coa elección de VMware vCloud Availability e a creación dunha plataforma de servizo multicloud federada.

Ao mesmo tempo, para dar a conexión máis segura a Internet nas súas sedes en Europa, dotouse a conserveira dun Servizo Firewall Avanzado (UTM), dunha rede Wi-Fi corporativa coa solución Wi-Fi Empresa do Grupo Euskaltel, tanto para o despregue estatal como internacional e dunha ferramenta de monitoraxe de datos.

Tamén se fixo avanzar a JEALSA no vieiro das solucións na nube, xa que a partir de agora poderá acceder á súa solución critica SAP facendo uso dunha plataforma SAP HANA as a Service en alta dispoñibilidade.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.