Protección Civil de Pobra contribúe á limpeza das praias

03 Setembro 2019

20190903 Estes días que vimos de deixar atrás leváronse a cabo nos areais da Pobra importantes traballos de defensa e coidado do medio natural. En primeiro lugar, o domingo levouse a cabo unha nova xeira divulgativa da campaña Non sexas pirata!, que é unha iniciativa da Xunta e os Concellos para pór freo ao furtivismo de verán, poñendo o foco na importancia de coidar as explotacións marisqueiras dos nosos areais e respectalas.

Asemade, a agrupación local de Protección Civil levou a cabo un encomiábel traballo de limpeza nas praias: uns esforzos que teñen o duplo valor de limpar os areais pobrenses de plásticos e outros produtos perigosos (que ao descompoñerse e degradarse pasan a formar parte da cadea alimentaria e provocan graves efectos en todos os seres vivos, incluídos os seres humanos) e, tamén, de sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de non emporcar os mares e, se é posíbel e hai recursos para facelo, contribuír tamén á retirada de refugallos.

Os traballos foron reflectidos pola área de Medio Ambiente do Concello da Pobra, que lembra que “grazas ao esforzo e vontade do colectivo, este venres pasado retiráronse residuos voluminosos de varios areais do municipio”. Entre os refugallos atopados e traslados para o seu correcto tratamento atopáronse rodas de gran tamaño, bidóns plásticos, boias e todo tipo de aparellos e material relacionado cos traballos pesqueiros e marisqueiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

La crisis, el paro y la desigualdad han creado una España de dosvelocidades. Cáritas, Unicef, Oxfam Intermon. Cruz Roja, Eapn. La Alianzacontra la Pobreza e incluso la ONU y el Banco Mundial señalan que España esel cuarto país de la Unión Europea con más desigualdad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.